PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Dic 19

O HC Liceo, Fran García e Rosa García, Premios Deporte Galego do ano 2016

A Secretaría Xeral para o Deporte publica a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego do ano 2016 con varios representantes premiados da patinaxe galega

Santiago, 5 de decembro de 2017.- A Secretaría Xeral para o Deporte vén de publicar a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego do ano 2016 que se entregarán o vindeiro día 21 de decembro (18:00 horas) no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Estes galardóns recoñecen os méritos deportivos do ano 2016, e distinguen este ano 17 categorías; aínda que, a proposta do xurado, outorgaranse dous premios ao mellor deportista masculino con discapacidade.

LISTA DE PREMIADOS

-Mellor deportista feminina: María Bernabéu (judo)

-Mellor deportista feminina con discapacidade: Susana Rodríguez Gacio (triatlón)

-Mellor deportista masculino: Cristian Toro (piragüismo)

-Mellor deportista masculino con discapacidade: David Mouriz Dopico e Agustín Alejos Alonso (baloncesto en cadeira de rodas)

-Mellor equipo feminino: Club Halterofilia Coruña (halterofilia)

-Mellor equipo masculino: Hockey Club Liceo (hóckey patíns)

-Mellor equipo de deportistas con discapacidade: Club Baloncesto Amfiv (baloncesto en cadeira de rodas)

-Mellor entidade na promoción do deporte de base: Victoria Club de Fútbol (fútbol)

-Mellor adestrador: Rosa García (patinaxe)

-Mellor árbitro ou xuíz: Francisco Jorge García Romero (hóckey patíns)

-Mellor labor informativo: O Sil

-Mellor evento deportivo: Vuelta Ciclista a España (ciclismo)

-Mellor patrocinio deportivo: Pescados Rubén

-Mellor deportista revelación: Irene Blanco (halterofilia)

-Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Concello de Marín

-Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Votorantim

-Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: CEIP Curros Enríquez de Celanova

 

#eupatino

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL