PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

May 29

O HC Liceo continuará unha tempada máis na OK Liga Feminina mentres o HC Borbolla logra o ascenso á mesma

Dous equipos galegos de Hóckey sobre Patíns lograron este pasado fin de semana o obxectivo polo que loitaban cando se iniciou a tempada 2016-2017, alá polo mes de outubro do ano pasado. O HC Liceo xogábase a continuidade na OK Liga Feminina este sábado no partido que disputaba no pavillón de Elviña II ante o Medicare System Mataró. A vitoria das de Estanis García por 2-1 permitiralles seguir unha tempada máis na máxima categoría nacional, o que supón un éxito incuestionable para as da Coruña.
Por outra banda, este fin de semana debía celebrarse a fase de ascenso á OK Liga Feminina en Coslada, coa participación do club local e os galegos do HC Borbolla e o CH Compostela. Con todo, as de Santiago de Compostela tiveron que renunciar a acudir á mesma, ao non cumprir a cota obrigatoria de xogadoras senior marcada pola normativa de competición da Real Federación Española de Patinaxe. Deste xeito, CHP Coslada e HC Borbolla lograban o ascenso, polo que agora haberá que agardar a que as da Coruña consigan reunir o orzamento necesario para estar na OK Liga Feminina, o que sería unha magnífica noticia ao poder contar con dous equipos galegos na próxima tempada.

[Fotos: www.galicianhockey.com e FGP]

LiceoFemenino2 LiceoFemenino3 _MG_8828 _MG_8826

 

 

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL