PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Dic 08

O HC Liceo, campión da Copa Federación Senior Masculina de Hóckey sobre Patíns

Hoxe xoves, 8 de decembro, a partir das 12:00 horas, disputábase a prórroga da final da Copa Federación Senior Masculina entre o AC Órdenes e o HC Liceo, que fóra aprazada o pasado domingo polo estado esvaradío da pista de Elviña II da Coruña, o mesmo escenario no que se desenvolvía esta mañá a resolución da mesma.

Non houbo que agardar moito, pois cando aínda non transcurriran dous minutos da primeira parte da prórroga -faltaban seis segundos para chegar a elo-, un gol de Fabrizio Ciocale dáballe o título ao HC Liceo, que sucede así no palmarés ao Club AA Dominicos, gañador da primeira edición.

Resultados e actas dixitais

Galería de imaxes da final

 

 

 

II COPA FEDERACIÓN

Sábado, 3 de decembro de 2016

Cuartos de final

9:00 Club Compañía de María “B” 5 – 6 Escola Lubiáns

10:30 AC Órdenes 6 – 4 CH Compostela

12:00 Club Compañía de María “A” 2 – 5 Club AA Dominicos

13:30 Traviesas HC 0 – 8 HC Liceo

Semifinais

18:30 Escola Lubiáns 4 – 5 AC Órdenes

20:00 Club AA Dominicos 1 – 5 HC Liceo

Domingo, 4 de decembro de 2016

Final

10:30 AC Órdenes 3 – 4 HC Liceo (gol de ouro na prórroga que se disputou o xoves, 8 de decembro)

CAMPIÓN: HC LICEO

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL