A Copa de SM la Reina contará coa participación do HC Coruña ao quedar sexto clasificado tras finalizar a primeira volta da OK Liga Iberdrola.
Como cabezas de serie estarán: Generali HC Palau de Plegamans, CP Vila-sana Coop. d’Ivars, Telecable HC e Esneca Fraga.
Tamén conseguiron a clasificación para participar: Martinelia Manlleu, CP Voltregà Movento Stern e Lidergrup CH Mataró.
A Copa disputarase do 11 ao 14 de abril en sede aínda por determinar.