Aproveitando a xornada na que se disputaba a Final a 4 Sénior Feminina de Hóckey sobre Patíns no polideportivo de Monte Alto da Coruña, a Liga Galega Sub 16 Feminina tamén celebraba a derradeira xornada, este domingo 26 de maio, das seis celebradas entre os catro equipos que xogaron a fase regular. Grazas á súa vitoria ante Club Compañía de María, H. C. Borbolla proclamábase campión da categoría mentras a segunda praza era para H. C. Raxoi, que derrotaba a súa vez a C. H. Oleiros. Tras a conclusión dos dous encontros, procedeuse á entrega do trofeo ao campión e as medallas ás xogadoras dos equipos participantes.
#eupatino