A primeira edición da Copa Federativa tivo o seu desenlace este sábado no Pavillón Elviña II de A Coruña co partido de volta, no que se repetiu un resultado similar ao do partido de ida non dando lugar á sorpresa por parte do combinado composto por Sereas Bravas e Lobishomes Mens Roller Derby, que de novo se impuxo claramente ao equipo de NOS (Irmandiñas de A Coruña, Negra Sombra de Pontevedra e Lobas de Morgana de Ourense) por un resultado de 88-261.
Esta é a primeira competición oficial que se celebra baixo a tutela da Federación Galega de Patinaxe nunha modalidade ata hai pouco descoñecida, pero que se vai implantando grazas aos amigables que nestes últimos meses se foron realizando así como ao incremento de xogadoras e tamén xogadores e de equipos nas principias cidades galegas.
#eupatino