O vindeiro domingo, 27 de novembro, iniciaranse as Ligas Galegas de Hóckey Liñas nas categorías Infantil e Feminina. A cita desta Primeira Sede será, como non podería ser doutro xeito, no escenario que xa é unha referencia nesta modalidade, o pavillón lucense Daniel Cordido Castro do barrio de «A Piringalla», cos partidos comezando a partires das 9:00 e disputándose de maneira practicamente ininterrumpida ata as nove da noite.
Os equipos participantes na categoría Feminina son cinco: Lóstregos Feminino e CHL Meigas de Lugo, A Guarda Hóckey Liña da Guarda, Alquimia InLine da Coruña e Brigantium HL de Arteixo, que debuta este ano nesta categoría.
Seis son os equipos que compoñen a categoría Infantil na tempada 2016-2017: Lóstregos Norte, Lóstregos Sur e Olimpo XXI, todos pertencentes ó clube Lóstregos HL de Lugo, Meiguiñas tamén da cidade das murallas, A Guarda Hockey Liña da Guarda e coma novidade Trasnos de Ribadeo, que debutarán en competición oficial.
Agárdase boa afluencia de público e moita emoción para ambalas dúas categorías na que promete ser unha xornada completa do mellor hóckey liña durante 12 horas sen apenas descanso, pero máis que necesarias para completar as dúas xornadas de competición previstas para cada unha delas.
Horarios, resultados e clasificacións
[Fotos: Paco López]