Despois de disputarse durante a primeira parte da vixente tempada 2016-2017 a Copa Federación e tras o descanso do Nadal, a categoría Feminina do Hockey sobre Patíns regresa a escena co inicio da Liga Autonómica Feminina, competición que se desenvolverá baixo o formato de liga regular a unha volta con enfrontamentos de todos contra todos entre os seis equipos que a forman: HC Liceo, HC Borbolla, CP Oroso, CH Compostela, Club Compañía de María e HC Raxoi, dos cales os dous primeiros parten como favoritos, ou polo menos así o demostraron na Copa Federación que se resolvía na derradeira xornada co encontro celebrado entre ambos os dous conxuntos. A liga iníciase este domingo, 15 de xaneiro, para finalizar despois de 10 xornadas o 25 de marzo, tras as que o fin de semana do 29 e 30 de abril se disputará a Final a 4 entre os catro primeiros clasificados da liga regular, da que sairá o campión que ademais poderá acudir á fase de ascenso á OK Liga Feminina.