Xa están definidos os equipos que xogarán a Copa de SM La Reina.
O sábado 14 de xaneiro rematou a primeira volta da OK Liga Iberdrola (xornada 13). Os oito primeiros equipos da tabla, son os clasificados para xogar a Copa e, entre eles, atópase o Deportivo Liceo Femenino, quedando sexto na clasificación.
Os equipos que disputarán a Copa de SM La Reina son os seguintes, por orde de clasificación:
Generali HC Palau de Plegamans, CP Vila-sana, Telecable HC, CP Manlleu, CP Esneca Fraga, Deportivo Liceo, ORKLA Bigues i Riells e o Lindergrip CH Mataró.
Por agora só se coñecen os equipos clasificados, o resto de información (sede, horarios, data do sorteo, cuadro de competición e canles oficiáis) serán publicadas mediante o Comité Nacional de Hockey sobre Patines.
Así mesmo, o equipo masculino tamén logrou clasificarse para La Copa de SM El Rey.
O domingo 8 de xaneiro, tras finalizar a primeira volta da Parlem OK Liga, coñecíanse os clasificados, que son:
Barça, Deportivo Liceo, CN Noia Freixenet, Reus Deportiu Virginias, Parlem Calafell, Igualada Rigat HC, Recambiable Làser HC Caldes e CP Voltregà Stern-Motor.
A competición celebrarase do 2 ao 5 de marzo en Calafell.
Fotos: Cristian Fernández.