O Deportivo Liceo xogará mañá a final da Copa de SM El Rey tras clasificarse esta tarde na semifinal contra o CP Voltregá, cun axustado 2-1.
Xogará contra o FC Barcelona, que fixo o propio na semifinal contra o Reus Deportiu cunha vitoria de 1 gol a 0.
A final da competición disputarase mañá, 5 de marzo, ás 12:30 horas en Calafell, no Pavelló Municipal Joan Ortoll.
O encontro poderá seguirse no canal Teledeporte e en RTVE Play.