Gran fin de semana de competición na xornada de Liga Ouro feminina de Hoquei Liña para os nosos representantes galegos en Valladolid, CP Lóstregos Lucus e CHL Meigas Lugo, con boas actuacións para ambas escadras. No caso do Lóstregos, o seu pleno de puntos fixo que se clasificase para a disputa da fase previa de ascenso a élite.
O conxunto de Lóstregos logrou 9 puntos, grazas as súas victorias ante CPH Skulls Almansera (5-3), CPLF Valladolid Gatas (1-5) e Fénix PL Madrid (3-1) , mentras que Meigas empatou con con Tres Cantos PC B (0-0) e Fighters Vilareal (3-3) e sufriu unha derrota ante o CPLV Panteras UEMC (3-0).
Trala disputa desta xornada Lóstregos sitúase quinto con 17 puntos, 13 teñen Meigas e lidera a táboa Panteras con 27, invicto nas nove xornadas e con pleno de victorias.
Fotos: Lóstregos