Un combinado galego de Hóquei Patíns en categoría sub 15 masculino participará este fin de semana no Torneo de Reis na localidade de Valongo, que terá lugar o 4 e 5 de xaneiro. No evento, que se desputará no pavillón municipal de Valongo, tamén participarán os equipos do AP Porto, AP Minho e AP Aveiro.
O sábado ás 11.45 (hora lusa) a escuadra galega medirase o AP Aveiro e ás 21.45 horas o AP Minho. Mentras, o domingo o seu rival será ás 11.45 horas o AP Porto.
A selección de xogadores estará composta por:
Manuel Rodríguez Soriano C.H. RAXOI, Iván Pazos Ramírez C.H. RAXOI, Iván Pérez Cancela H.C. CAMBRE, Alejandro Expósito Caínzos DEPORTIVO lICEO, Pablo Castellanos Souto CLUB COMPAÑÍA DE MARÍA, Breixo Lema Pallarés C.H. COMPOSTELA, Hugo García Gil C.H. COMPOSTELA, Pedro Lema Sanmartín C.H. COMPOSTELA e Adrián Torres Parada C.H. COMPOSTELA.