A Casa da Cultura Pintor Llorens de Sada acollía onte sábado 24 de febreiro a Gala do Deporte do municipio coruñés, na que o Club Sada Patín tiña catro nomeamentos dun total de 31 distribuídos en 12 categorías. Na mesma distinguíase aos deportistas máis destacados do ano 2017, logrando finalmente o club de patinaxe sadense un total de tres que correspondían ao mellor técnico masculino (Salvador Cid), ao mellor deportista promesa masculino (Marcos Vicos) e ao mellor deportista absoluto masculino (Kevin Owona), quedándose unicamente sen a distinción ao mellor equipo masculino, para a cal estaba nomeado o conxunto que participa en Liga Nacional, o que motivou ademais que ao iniciarse a mesma este fin de semana, tivesen que ser varios nenos e nenas do club os que recollesen os trofeos, ao atoparse ausentes todos os premiados e nomeados.
#eupatino