Disputará a Fase de Ascenso a Primeira División Nacional en Grado
O pavillón Carballo Calero de Carballo (A Coruña) acolleu este fin de semana a segunda edición da Final a 4 da categoría Senior, tendo como primeiro equipo clasificado e campión galego ao Club Compañía de María “A” de A Coruña. O destino quixo que o calendario emparellara no derradeiro partido aos dous candidatos ao título polos resultados acadados anteriormente, se ben a Compañía de María lle bastaba cun empate para ser campión. Non así Club A.A. Dominicos, que tras empatar pola mañá co H.C. Liceo, precisaba dunha vitoria que non chegou, ao ceder por 2-0. As medallas a todos os participantes e os trofeos foron entregados polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e polo vicepresidente da FGP, Julio Parga.
De novo o polideportivo de Bergantiños viviu dúas fantásticas xornadas de hóckey a patíns con encontros vibrantes e desputados, o que demostra o acerto deste tipo de competición, que ademais se puido seguir pola páxina web da Federación Galega de Patinaxe con actas dixitais, que informaban ao minuto do que ía sucedendo na pista nos seis encontros celebrados.
O premio de proclamarse campión galego supón para o Club Compañía de María “A” a oportunidade de disputar a Fase de Ascenso a Primeira División Nacional na localidade asturiana de Grado o 30 de abril e o 1 de maio, onde se terá que enfrontar ao Astur Hockey, R.C. Jolaseta e C.P. Burgos.
Sábado, 16 de abril de 2016
1ª xornada
Club Compañía de María “A” 9 – 3 H.C. Liceo
Club A.A. Dominicos 3 – 1 Escola Lubiáns “A”-Calvo
Domingo, 17 de abril de 2016
2ª xornada
Club Compañía de María “A” 4 – 2 Escola Lubiáns “A”-Calvo
Club A.A. Dominicos 2 – 2 H.C. Liceo
3ª xornada
Escola Lubiáns “A”-Calvo 4 – 4 H.C. Liceo
Club Compañía de María “A” 2 – 0 Club A.A. Dominicos
1º Club Compañía de María “A”, 9 puntos
2º Club A.A. Dominicos, 4 puntos
3º H.C. Liceo, 2 puntos
4º Escola Lubiáns “A”-Calvo, 1 punto