Coincidindo coa celebración da Copa Princesa Femenina de Hóckey Liña no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo e durante a segunda xornada da mesma, o domingo 29 de abril, disputouse un torneo triangular para equipos de categoría Alevín, que xogaron tres partidos de 15 minutos de duración cada un entre as semifinais e a final. O CHL Feminino Meigas vencía no denominado Triangular Cidade de Lugo logo de derrotar a ADC Alquimia Inline e a CP Lóstregos Lucus. Unha fantástica iniciativa, que ademais permitiu aos xogadores e xogadoras dos tres equipos participantes compartir a ceremonia de clausura e entrega de medallas e trofeos cos equipos que se enfrentaron na final da Copa Princesa Feminina
#eupatino