Este fin de semana terminaba A Copa Federación Feminina de Hóckey sobre Patíns, que se celebrou desde o mes de outubro coa participación de sete equipos en formato de liga regular a dobre volta. A falta dunha xornada, polo que xa puideron confirmar o título na anterior, o CH Compostela proclamábase campión despois de gañar doce partidos dos catorce disputados sumando 31 puntos mentres os dous restantes se saldaban cun empate e unha derrota, esta ante o Club Compañía de María na segunda xornada tras a cal encadeaban sete triunfos consecutivos. Unha tempada brillante para as xogadoras de Luis Aceituno que agora se poñerán como novo obxectivo a Liga Autonómica, que se iniciará proximamente e cuxo calendario se publicará o máis axiña posible. O Diver Patín CD finalizaba segundo con 24 puntos logo da sanción ao HC Liceo por non presentarse a un dos partidos da competición, que remataba así terceiro con 23. A continuación clasificáronse Club Compañía de María, HC Borbolla, HC Raxoi e APC Bierzo, club este que por primeira vez formou parte do grupo galego.
Clasificación final e resultados
#eupatino