O pasado mes de decembro, tiveron lugar dúas tecnificacións, de patterns e niveis, de patinaxe artística.
A Tecnificación de Patterns, orientada á formación de adestradores, impartida por Angélica Morales, técnico da RFEP, celebrouse os días 21 e 22 de decembro no Pavillón de Elviña II, en A Coruña.
A esta formación acudiron os seguintes patinadores e patinadoras, que serviron como modelo para facer os distintos elementos técnicos:
O sábado 21 de decembro:
En categoría Benxamín: Raquel Gil, do CPA Blossom.
En categoría Alevín: Gael Fernández, do CPA Gondomar.
En categoría Infantil: Enya Rodríguez, do CP Lenda (patinadora sénior que acudiu en esta categoría por falta de patinadores).
En categoría Cadete: Daniela Riveira, do CP Balaídos, e Carla Corral, do CP Lenda.
En categoría Xuvenil: Alba Morales, do CP Lenda, e Daniela Meirás, do CP Axel Arteixo.
En categoría Junior: Joel Riveiro, do CPA Gondomar, e Adriana Cancelo, do CP Alquimia.
En categoría Sénior: Brais Cano, do CP Alquimia; Carlo Signorini, do CP Ágora; Enya Rodríguez, do CP Lenda; e María Bilbao, do CP Alquimia.
O domingo 22 de decembro:
En modalidade Solo Danza acudiron Iago Cacheiro, Brais Cano e María Bilbao, do CP Alquimia; Joel Ribeiro e Andrea López, do CPA Gondomar; e Enya Rodriguez e Sabela Santiso, do CP Lenda.
En modalidade Libre acudiron: Xiana Fernández e Lola Álvarez, do CPA Gondomar; Inés Peña e Jorge Sanmartín, do CP Sarela; e Diego Íñiguez, do CP Axel Arteixo.
En cuartetos junior e sénior acudiron: Marta Goyanes e Lola Álvarez, do CPA Gondomar; Sara Miguens e Cloe Durán, do Arealonga Chapela; Daniela Meirás e Sara Eirís, do CP Axel Arteixo; e Icía López e Paula Andrade, do CP Brión.
En cuartetos sénior acudiron: Javier Martínez e Nadia Iglesias, do CPA Gondomar.
Pola súa banda, a Tecnificación de Niveis impartiuse o 22 de decembro, no mesmo Pavillón de Elviña II, a cargo do Técnico Nacional David Figueroa e o Xuiz Internacional Mario Calzas.
Esta convocatoria, que estivo dirixida á formación e reciclaxe de adestadores e xuíces, tamén contou con distintos patinadores e patinadoras de clubs da zona, que serviron como modelo:
Do Escola Lubiáns acudiron Rosalía Recarei, Clara Villaverde, Mara Rodríguez e Martina Suárez.
Do Patiart Coristanco acudiron Ainhara Sánchez e Paula Agrelo.
Do CP Axel Arteixo acudiron Noa Mira, Leyre Pérez, Sara Cotelo e Lola Senra.
E do CP Lenda acudiron Zoe Moledo, Beatriz Crespi, Paula López, Sarah Piay, Antía Mata e Daniela Pérez.