Os pasados 18 e 19 de xaneiro celebrouse unha Tecnificación Libre de patinaxe artística no Pavillón Municipal de Salvaterra de Miño (Pavillón Cándido Carrera).
Esta tecnificación, á que acudiron un total de 28 patinadores de todas as categorías, tivo como obxectivo mellorar e perfeccionar a técnica do apartado de elementos técnicos de saltos e piruetas da modalidade de libre. Foi impartida por Óscar Molins Ruíz, técnico nacional e membro do programa de Preseleccións da Federación Española de Patinaxe.