I. PRÁCTICA DA ACTIVIDADE FÍSICA OU DEPORTIVA NON FEDERADA.
I.1. Concellos con nivel de restrición máxima, A) * (ver anexo II).
1. Como practicar actividade física ou deportiva.
– So poderá realizarse ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire
libre, de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización
de máscara. Non se considera práctica individual o 1×1 entre non
conviventes.
– Se fora preciso, as persoas con discapacidade poderán realizar a
práctica con guía ou cunha persoa de apoio.
– Está permitida a actividade cinexética, así como a práctica da pesca
fluvial e marítima, deportiva e recreativa, en todas as súas
modalidades, sempre que se realicen con carácter individual ou con
persoas conviventes.
2. Obriga do uso da máscara.
O uso de máscara será exixible en todo momento durante a realización
da práctica deportiva.
3. Lugares para a práctica
– Permítese a práctica ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire
libre.
– Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas skate
ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos
ao público.
o Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar
manter a distancia de seguridade interpersoal ou, na súa falta, a
utilización de medidas alternativas de protección física. O uso de
máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de
seguridade interpersoal.
o Deberán aplicarse as medidas de hixiene e prevención
establecidas, especialmente no que se refire a proceder
diariamente á limpeza e desinfección destes espazos nas áreas de
contacto das zonas comúns, tales como xogos das zonas infantís,
aparellos de actividade física ou outro mobiliario urbano de uso
compartido.
o Recoméndase dispor neses espazos, especialmente no que se
refire a parques infantís, de dispensadores de xeles
hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida,
debidamente autorizados e rexistrados, ou dunha solución
xabonosa no caso de espazos para menores de dous anos de
idade.
4. Restricións de mobilidade e de horario nocturno.
– En todo momento deberán de respetarse ás limitacións perimetrais e
de horario nocturno establecidos.
I.2. Concellos con nivel de restrición alta e nivel de
restrición media, B y C)* (ver anexo II).
1. Como practicar actividade física ou deportiva.
– Poderá realizarse ao aire libre ou en instalacións deportivas abertas ou
pechadas.
– A práctica ao aire libre desenvolverase sempre sen contacto, e de
forma individual ou en grupos de ata 6 persoas, sen contar ao monitor,
e en calquera caso coa utilización de máscara.
– A práctica en instalacións e centros deportivos pechados
desenvolverase sempre sen contacto, e de forma individual ou en
grupos de ata 4 persoas, sen contar ao monitor, e en calquera caso coa
utilización de máscara.
– Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia
de seguridade interpersoal de 1,5 metros durante o desenvolvemento
da actividade.
– Se fora preciso, as persoas con discapacidade poderán realizar a
práctica con guía ou cunha persoa de apoio.
2. Obriga do uso da máscara.
– O uso de máscara será exixible en todo momento durante a realización
da práctica deportiva.
3. Lugares para a práctica.
o Permítese a práctica ao aire libre, ou en instalacións deportivas ao
aire libre ou pechadas cun límite de ocupación máxima do 30%.
o Tamén se permite o uso deportivo das piscinas ao aire libre ou
cubertas, cunha ocupación máxima do 30 %.
o Deberán realizarse tarefas de ventilación nas instalacións cubertas
durante un mínimo de 30 minutos ao inicio e ao remate de cada
xornada, así como de forma frecuente durante esta e, obrigatoriamente, ao remate de cada clase ou actividade de grupo. No caso da utilización de sistemas de ventilación mecánica, deberá
aumentarse a subministración de aire fresco e non se poderá
empregar a función de recirculación do aire interior.
o Os vestiarios e zonas de ducha poderán usarse cunha ocupación
de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, e procederase á
limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada.
4. Restricións de mobilidade e de horario nocturno.
– En todo momento deberán de respetarse ás limitacións perimetrais e
de horario nocturno establecidos.
I.3. Concellos con nivel de restrición media-baixa, D)* (ver
anexo II).
1.Como practicar actividade física ou deportiva.
– Poderá realizarse ao aire libre ou en instalacións deportivas abertas ou pechadas.
– A práctica ao aire libre desenvolverase sempre sen contacto, e de forma individual ou en grupos de ata 6 persoas, sen contar ao monitor, e en calquera caso coa utilización de máscara.
– A práctica en instalacións e centros deportivos pechados desenvolverase sempre sen contacto, e de forma individual ou en grupos de ata 4 persoas, sen contar ao monitor, e en calquera caso coa utilización de máscara. – Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros durante o desenvolvemento da actividade.
– Se fora preciso, as persoas con discapacidade poderán realizar a práctica con guía ou cunha persoa de apoio.
2. Obriga do uso da máscara.
– O uso de máscara será exixible en todo momento durante a realización da práctica deportiva.
3. Lugares para a práctica.
o Permítese a práctica ao aire libre, ou en instalacións deportivas ao aire libre ou pechadas cun límite de ocupación máxima do 50%.
o Tamén se permite o uso deportivo das piscinas ao aire libre ou cubertas, cunha ocupación máxima do 50 %.
o Deberán realizarse tarefas de ventilación nas instalacións cubertas durante un mínimo de 30 minutos ao inicio e ao remate de cada xornada, así como de forma frecuente durante esta e, obrigatoriamente, ao remate de cada clase ou actividade de grupo.
No caso da utilización de sistemas de ventilación mecánica, deberá aumentarse a subministración de aire fresco e non se poderá empregar a función de recirculación do aire interior.
o Os vestiarios e zonas de ducha poderán usarse cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, e procederase á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada.
4. Restricións de mobilidade e de horario nocturno.
– En todo momento deberán de respetarse ás limitacións perimetrais e de horario nocturno establecidos.
II. PRÁCTICA DO DEPORTE FEDERADO.
1. Deporte Federado de nivel nacional.
a. Protocolos aplicables.
– As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.
o O Protocolo de referencia será o Protocolo de actuación para la vuelta de competiciones oficiales de ámbito estatal y carácter no profesional, aprobado polo Consejo Superior de Deportes, así como no seu caso o Protocolo reforzado que aprobe cada unha das Federacións Deportivas Españolas.
o Modalidades deportivas que impliquen contacto:
Equipos/deportistas galegos: Realizar test serolóxicos ou probas similares cada 14 días naturais.
Equipos/deportistas procedentes doutras comunidades autónomas que se despracen á Comunidade Autónoma de Galicia:
Realizar test serolóxicos ou probas similares en orixe polo menos entre 72 e 24 horas previas á celebración da proba/partido/competición.
Comunicar con idéntica antelación ás autoridades sanitarias autonómicas a relación das persoas integrantes da expedición trasladada a Galicia, segundo o formulario establecido
No caso de desprazarse desde zonas de alta incidencia de COVID19 deberán ter en conta o sinalado no seguinte enlace
Restricións de mobilidade e de horario nocturno.
Quedan exceptuados de tales limitacións aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, para adestramentos ou competicións de ámbito federado, conforme o disposto na letra n) do número 2 do apartado primeiro e na letra h) do apartado cuarto do Decreto 45/2021, do 17 de marzo, e nos artigos 5, d), h) e 6, b), k) do Real Decreto 926/2020, do 25 de outubro (deportistas, delegados/as, árbitros/as, técnicos/as ou adestradores/as, outro persoal autorizado).
2. Deporte Federado de ámbito autonómico.
a. Protocolos aplicables.
A práctica da actividade deportiva federada de ámbito autonómico, adestramentos e competicións, axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados.
b. Restricións de mobilidade e de horario nocturno. Quedan exceptuados de tales limitacións aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, para adestramentos ou competicións de ámbito federado, conforme o disposto na letra n) do número 2 do apartado primeiro e na letra h) do apartado cuarto do Decreto 45/2021, do 17 de marzo.
Considéranse adecuadamente xustificados os seguintes: 1ª) Que o desprazamento estea xustificado pola realización dun adestramento vinculado á participación nunha competición incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva pola participación nunha competición deste tipo. A estes efectos, como norma xeral, para esta excepción establécese un período previo de 4 semanas á celebración da competición.
No caso de que a federación galega correspondente estime que este prazo é insuficiente para que o equipo/deportista prepare esa competición, deberá solicitar a súa autorización á Secretaría Xeral para o Deporte.
2ª) Que non existan alternativas de realización do adestramento e/ou da celebración da competición nun ámbito territorial que non exixa un desprazamento afectado polas limitacións á liberdade de circulación vixentes.
3ª) Que o desprazamento se realice por algunha ou algunhas das seguintes persoas:
1) Por persoas deportistas federadas participantes en competicións oficiais cun calendario aprobado para a tempada 2020/2021.
2) No caso de acreditarse a súa necesidade, sparrings das persoas deportistas federadas de alto nivel, de alto rendemento deportivo ou incluídas en programas de tecnificación e rendemento deportivo, recoñecidas polo Consejo Superior de Deportes ou pola Secretaría Xeral para o Deporte ou órgano autonómico competente da Administración autonómica.
3) Outro persoal autorizado (delegados/as, árbitros/as, técnicos/as ou adestradores/as, etc.).
4ª) Que a persoa que se desprace porte, durante o desprazamento, un certificado, segundo o modelo adxunto do Anexo I, da correspondente federación ou club deportivo federado co seguinte contido mínimo:
1) Identificación da persoa que se despraza e da súa participación nunha competición incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva.
2) Lugar do adestramento xustificando a súa vinculación coa participación nunha competición incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva e/ou lugar da competición.
3) Data e horario de realización do adestramento e/ou da celebración da competición.
4) Xustificación da non existencia de alternativas de realización do adestramento e/ou da celebración da competición nun ámbito territorial que non exixa un desprazamento afectado polas limitacións á liberdade de circulación vixentes.
8 No caso de certificacións emitidas polos clubs, estes deberán comunicar á Federación respectiva un listado dos mesmos, a efectos do seguimento e verificación por parte destas.
As Federacións Deportivas Galegas remitirán semanalmente á Secretaría Xeral para o Deporte a información sobre os certificados emitidos, coa relación nominal dos deportistas e outros axentes autorizados.
3.Instalacións deportivas.
Poderán permanecer abertas as instalacións deportivas nas que se celebren adestramentos ou competicións de ámbito federado.
Vestiarios e zonas de ducha: poderán ser usados cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, e procederase á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada.
4.Asistencia de público a eventos, adestramentos e competicións deportivas de ámbito Federado que se celebren en instalacións deportivas ou na vía pública.
Concellos con nivel de restrición máxima, A)* (ver anexo II). Non se permite.
Concellos con nivel de restrición alta e nivel de restrición media, B) e C)* (ver anexo II).
30% da capacidade permitida Público sentado e garantindo a distancia de 1,5 metros nas catro direccións. Máximo: o 250 persoas en instalacións pechadas o 500 persoas en instalacións ao aire libre
Concellos con nivel de restrición media-baixa, D)* (ver anexo II).
30% da capacidade permitida Público sentado e garantindo a distancia de 1,5 metros nas catro direccións. 300 persoas en instalacións pechadas o 1000 persoas en instalacións ao aire libre
III. OUTROS SUPOSTOS.
Calquera outra cuestión respecto á práctica de actividade física e deporte non contemplada nesta guía, trasladaráselle á Secretaría Xeral para o Deporte a efectos do seu estudo e a súa concreta interpretación.
IV. ENTRADA EN VIGOR As medidas previstas terán efectos desde as 00.00 horas do día 19 de marzo de 2021.