PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Dic 13

Novas datas de clasificación para os xogos de Tokyo para a rider coruñesa Julia Benedetti

 

A rider coruñesa Julia Benedetti xa ten o calendario das datas da segunda tempada para a clasificación para os Xogos de Tokyo 2020. Despois da celebración do OI STU Open Skateboarding en Río de Janeiro, Julia Benedetti ocupa en Park o 18º en categoría femenina. A skater do Maroña Indoor  comezará esta segunda campaña no WS Lima Open o vindeiro 13 de marzo do ano que ven. Unha tempada que contará con sedes tamén en China, Xapón, Estados Unidos e Gran Bretaña.

 

Como na clasificación xeral de Park y Street, países como Estados Unidos o Brasil, contan con más de tres skaters, actualmente Benedetti ocupa posicións de clasificación para  os Xogos Olímpicos de Tokio 2020.

 

Este ránking global conta cun total de sete puntuacións; os dous mellores resultados das probas da tempada 2019 (do 1 de xaneiro de 2019 ó 30 de setembro de 2019) e os cinco mellores resultados das pruebas da campaña de 2020 (do 1 outubro de 2019 ó 31 de maio de 2020).

O criterios de clasificación son os seguintes: os tres primeros clasificados do Campionato do Mundo 2020, 16 seguintes no ránking olímpico (1 de xaneiro de 2019 ó 31 de maio de 2020) e unha praza para o país anfitrión.

 Foto: RFEP / WORLD SKATE

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL