Cun número máis reducido que en anteriores convocatorias, foron 51 os xogadores e xogadoras das categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Feminina Sub 20 convocados o pasado sábado polo comité técnico de Hóckey Liña da Federación Galega de Patinaxe formado nesta ocasión por Javier Bermúdez e Óscar Manuel Romay como adestradores, Silvia González no apartado da preparación física e Xunio Rodríguez no de loxística.
O pavillón dos Campóns en Cambre (A Coruña) acolleu esta terceira xornada da presente tempada, enfocada á preparación nos campionatos de España do vindeiro mes de xuño.
#eupatino