Por segundo ano consecutivo, a patinadora artística Nadia Iglesias de Salvador do CPA Maxia recibía o galardón do Premio Especial do Público no transcurso da 12.ª edición da Gala de Deporte de Ames, que se celebrou este venres 16 de febreiro pola tarde na Casa da Cultura de Bertamiráns do municipio coruñés e que lle entregaba o alcalde, José Miñones.
Nadia acadou un 60% dos votos emitidos trala enquisa que se fixo na páxina web municipal ata o 17 de xaneiro, superando amplamente en número de votos ao boxeador José Ramón Mirás, á futbolista Nuria Rábano, ao tamén futbolista Fernando Seoane e ao xogador de squash Borja Golán. A votación contou coa participación de 1.769 persoas, xa que non estaba permitido máis dun voto por cada unha delas.
#eupatino
.