Este mañá, martes 20 de decembro, levábase a cabo nas instalacións de Begano na Coruña a presentación do calendario «Galegos e Campións», no que figuran doce deportistas galegos de diferentes deportes. A Federación Galega de Patinaxe é a única que conta con dous representantes, as patinadoras artísticas Nadia Iglesias de Salvador, que aparece no mes de abril, e Aida Vieites Pier, que figura no mes de xullo. O acto contou coa presenza de Marta Míguez Telle, recentemente nomeada Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, ademais de representantes de Begano e distintas federacións deportivas.