A Fase de Sector da categoría alevín terá lugar os días 21, 22 e 23 de abril no Polideportivo Visiola Rollán en Mieres, Asturias.
A Competición está organizada polo C.P. Mieres e a FDPPA, á cal clasificáronse catro equipos galegos e catro asturianos, encadrados nos seguintes grupos:
Grupo A:
Compañía de María Amarillo.
Oviedo Booling Club.
Dominicos A.
Centro Asturiano.
Grupo B:
C.P. Mieres.
Deportivo Liceo C.
Oviedo Roller.
C.H.Oleiros A.
Dous destes equipos lograrán clasificarse para acudir ao Campeonato de España.