A Liga Galega Alevín de Hóckey Liña cubriu dúas novas xornadas este domingo 17 de marzo no pavillón de Castrelos (Monte da Mina) en Vigo para celebrar os partidos correspondentes á sexta e sétima da competición, nesta quenda organizada por Vigo Blue Ringed.
Tanto Meiguiñas, líder provisional, coma Lóstregos, gañaban os dous encontros e seguen nas dúas primeiras prazas da clasificación a falta de tres xornadas, con dous puntos de diferenza entre ambos mentres a derrota de Morcegos con Meiguiñas fai que os ourensáns se descolguen un pouco das posicións de cabeza, aínda que seguen contando con un punto de marxe sobre Vigo Blue Ringed, que tamén cedía ante o líder.
Na pista do Agra 1 da Coruña tamén se disputaron varios partidos da categoría Benxamín así como na sede de Vigo, onde A Guarda H. L. aproveitou para xogar os seus compromisos ante Brigantium en Sénior Masculina e Feminina.
[Fotos: Lóstregos Lucus]
#eupatino