Este domingo, xunto a outros encontros da Liga Galega Infantil e tamén das Ligas Sénior Masculina e Feminina, disputouse no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo organizado conxuntamente por C. P. Lóstregos e C. H. L. Meigas a clasificación para a fase previa do Campionato de España de Hóckey Liña. Na mesma participaron catro equipos que aspiraban á unha única praza e que finalmente foi para Meiguiñas, resolta nun emocionante derradeiro encontro ao que chegaban invictos ao igual que Lóstregos, e onde houbo que recurrir á prórroga con Meiguiñas sendo quen de desfacer o empate para rematar gañando por 5-4, acadando así o pase á competición nacional que se desenvolverá nunha sede aínda por determinar do 17 ao 19 de maio. Morcegos H. L. e A. D. C. Alquimia Inline foron os outros dous equipos que participaron.
[Foto: C. H. L. Meigas, Lóstregos Lucus, A. D. C. Alquimia Inline – Mon Vázquez]
#eupatino