O Pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo acolleu o pasado domingo 24 de novembro a Primeira Sede da Liga Galega Benxamín de Hóckey Liña, na que os seis equipos que disputan a fase regular da competición disputaron as dúas primeiras xornadas baixo a organización do C. P. Lóstregos Lucus.
Meigas e Galicia Rollers foron quen de vencer nos dous encontros xogados, sendo quizais unha das sorpresas a vitoria de Galicia Rollers ante Lóstregos, que ademais empataba no partido da matinal ante Alquimia, que é terceiro na clasificación provisional e manténdose invicto xunto a Meigas e Galicia Rollers, estes con 6 puntos cadanseu.
Para a seguinte sede haberá que agardar ata o 26 de xaneiro de 2020.
[Fotos: A. D. C. Alquimia Inline]
#eupatino