Como chega a túa selección e con que expectativas para este Eurohockey2018?
O equipo nacional italiano preparouse moi ben para o Campionato de Europa da Coruña, con gran profesionalidade. Vimos de dous Europeos cunha medalla de ouro e outra de prata, así que o obxectivo é competir o mellor posible e, en calquera caso, chegar con opcións a loitar polas medallas.
Como vai ser o voso estilo de xogo?
Nos últimos anos, Italia atopou un estilo moi competititivo como o demostran os últimos resultados, pero tentamos presentarnos cunha intensidade de xogo máis rápida e máis produtiva ano tras ano para alcanzar o nivel de España, Portugal ou Arxentina.
En que te baseas ou que é o que máis valoras para seleccionar aos teus xogadores?
A personalidade dun equipo mídese polo equilibrio defensivo e ofensivo. Así que, na elección dos xogadores, ademais das calidades técnicas individuais, débese considerar a adaptación de cada un para saber como levar a cabo as dúas fases (ataque e defensa) e que beneficie ao equipo.
Cal é a túa selección favorita para gañar o Eurohockey na Coruña?
Seguramente España, a vixente campioa mundial e que ademais xoga no seu país, aínda que Portugal é a actual campioa de Europa. Isto parece os máis previsible segundo os precedentes cos que chega cada un, pero o deporte xa sabedes non é unha ciencia exacta e pode haber sorpresas, así que trataremos de explotar este factor.
#eurohockey2018 #OKEuroM #OKCoruna #OKEuro2018 #ACoruña #eupatino