O patinador do Sada Patín, Marcos Vicos Deus, vén de ser convocado para a primeira sesión de seguemento de tecnificación da Real Federación Española de Patinaje dirixida polo seleccionador nacional, Garikoitz Lerga. Marcos muda de categoría este ano, pasando da Júnior á Sénior, sendo un dos elexidos en base aos seus resultados do pasado ano dentro do amplo grupo que compón a convocatoria, que se reunirá os días 9 e 10 de febreiro na pista do C. D. Amaya de Pamplona (Navarra).
Ademais, hai que facer mención á presentación o pasado domingo 13 de xaneiro do Sada Patín na casa da cultura de Sada, na que estiveron presentes autoridades locais, representantes e directivos do club e tamén da Federación Galega de Patinaxe. No devandito acto tamén se fixo público o nomeamento de Salvador Cid como seleccionador galego de Patinaxe de Velocidade.
#eupatino