O Campeonato de Europa de patinaxe de velocidade celebrarase do 16 ao 23 de xullo en Valance d´Agen, Francia.
Garikoitz Lerga, seleccionador español de patinaxe de velocidade, deu a coñecer onte os patinadores convocados, entre os que se atopan tres galegos:
Na categoría Senior participarán Chevi Guzmán, do FSV Vigo e Manu Taibo, do SDC Rabadeira.
Raúl Couto, do SDC Rabadeira, irá convocado tamén para a categoría Xuvenil.
Desde a FGP queremos dar a noraboa aos tres e desexarlles moita sorte nesta andaina.