Catro patinadores e patinadoras galegos/as foron convocados polo Seleccionador Español de patinaxe de velocidade, Garikoitz Lerga, para competir nos Campionatos de Europa Xuvenil, Junior e Sénior, que terán lugar do 19 ao 25 de xullo en Oostende, Bélgica.
Os/as convocados/as coa Selección Española son:
En categoría Junior Feminina:
Andrea Boedo, da SCD Rabadeira
En categoría Xuvenil Masculina:
Raúl Couto, da SCD Rabadeira
En categoría Sénior Masculina:
Manu Taibo, da SCD Rabadeira
Chevi Guzmán, do Celta Patín
Desde a FGP queremos darlles os parabéns e desexarlles un bo Campionato.