A pasada fin de semana, Luis Cabarcos Mendez, do Club Northside Skatepark Coruña, participou nunha das Probas da Liga Portuguesa de Skate, acadando o Primeiro Posto na Categoría Sub 15 e un Quinto Posto na Open, continuando así a súa preparación de cara á Proba Final do Campeonato de España de Street que se celebrará a finais do ano.
Con este resultado amósase o bo momento de forma de Luis Cabarcos, que actualmente se encuentra na Primeira Posición do Circuito Nacional en Categoría Sub 16, empatado a puntos con Adrián Moreno, skater Santanderino.
Por outra banda, na Categoría Open Femenina, Lucía Couñago Queijeiro, do mesmo club, se alzouse coa séptima posición, resultado obtido tras superar unha rotura de ligamentos que a mantivo lonxe dos skateparks durante 2 meses.
Desde a FGP queremos darlles a noraboa polos resultados.