Esta fin de semana disputaranse en Lugo, no Pavillón Daniel Cordido Castro, as xornadas da Liga Sénior Feminina e Sénior Masculina de hóckey liña, organizadas polo Club Lóstregos.
O día 30 de novembro a partir das 10:00h. terá lugar a Sede Sénior Feminina, que contará cos seguintes equipos: Guajas Asturdemons, Brigantium, Alquimia, Meigas, Morcegas, Galicia Rollers, Knights Girl e Lóstregas.
Pola súa banda, a Sede Sénior Masculina celebrarase o día 1 de decembro a partir das 10:00h., na que competirán Alquimia, Morcegos, Galaicos, Galicia Rollers, Xabalies, Másters e Lóstregos.