Este fin de semana, 7 e 8 de decembro, o pavillón Daniel Cordido Castro será sede da Liga Nacional Oro feminina de Hóquei Liña, organizada polo club Lóstregos. Disputaranse un total de seis encontros na Liga oro feminina e as tres primeiras xornadas de competición na Liga oro alevín.
Participarán, ademáis do equipo anfitrión, as escuadras de SKulls Almasera, Meigas Lugo, Valladolid Gatas, Fighters Vilareal, Angels Sagunto, Fenix PL Madrid, Tres Cantos, Metropolitano e Panteras.
Todos os horarios dos encontros dos nosos equipos no seguinte engazo:
http://hockeylinea.fgpatinaxe.gal/