A 2.ª Convocatoria do Programa de Tecnificación de Hóckey Liña para as categorías Benxamín, Infantil e Feminina Sub-20 desenvolveuse o pasado sábado 9 de xuño no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo, na que estiveron presentes os 45 xogadores e xogadoras convocados divididos en tres grupos polos seleccionadores galegos, Javier Bermúdez e Óscar Romay, xunto aos seus respectivos equipos técnicos. Resta unha nova quenda o derradeiro fin de semana de xuño, á que acudirán unicamente os convocados e quen serán os que finalmente acudan ao Campionato de España de Seleccións Autonómicas no País Vasco durante no mes de xullo.
#eupatino