Este domingo 25 de xuño rematan no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo as competicións autonómicas de Hóckey Liña coa disputa das Finais a 4 das categorías Infantil e Benxamín. Co CHL Meigas como organizador da mesma, os equipos do CP Lóstregos parten como favoritos atendendo aos resultados acadados na liga regular, onde remataron primeiros en cadansúa competición.
Os da categoría Benxamín serán os primeiros encontros da xornada, coas semifinais entre Lóstregos Kids e Mini Meigas por unha banda ás 10:30 horas e Feiticeiras e Peque Lóstregos ás 11.45. Os gañadores disputarán a final desde as 17:00.
Na Infantil, A Guarda HL rompe a hexemonía dos conxuntos de Lugo, xogando a primeira semifinal ás 13:00 contra Lóstregos Norte, que rematou a liga regular como primeiro clasificado. Na outra, disputarán o pase á final (18:30 horas) Olimpo XXI Lóstregos e Meiguiñas ás 14:15.