Lucas Yáñez, do CPA Maxia, quedou terceiro do Mundo de patinaxe artística en categoría Sénior nos World Skate Games en Rimini, Italia.
Tras alcanzar o terceiro posto provisional co seu programa curto o venres 13 de setembro, ao día seguinte Lucas fixo un impecable programa longo, alcanzando un total de 230.56 puntos na competición e, así, asegurándose o Bronce da modalidade de Libre en categoría Sénior.
Desde a FGP queremos darlle os parabéns polo seu gran traballo e excelente resultado.
Fotos: Raniero Corbelletti; World Skate Games; CPA Maxia.