O encontro estelar desta Terceira Sede da Liga Galega Masculina de Hóckey Líña, celebrada no pavillón vigués de Bouzas este domingo 17 de decembro, non defraudou para deixar un líder sólido despois de disputadas seis xornadas da competición. Tanto Lóstregos como Cabuxos solventaban os seus compromisos matinais se excesivas dificultades para pechar ambos a sede no derradeiro partido que remataba un claro 5-0 a favor de Lóstregos, que deste xeito é o único equipo que conta os seus encontros por vitorias.
Ademais, a boa marcha do Brigantium, que tamén gañaba os dous partidos disputados, deixa aos de A Coruña tamén con 15 puntos, os mesmos que Lóstregos, pero este con un encontro máis polo que a diferenza de goles deixa aos lugueses por diante. A emoción está agora na cuarta praza con Lóstregos Máster, A Guarda Hóckey Liña e Vigo Blue Ringed empatados a 9 puntos, o que garantiza moita incertidume e que irá desvelándose nas vindeiras sedes o 14 de xaneiro de 2018 en Lugo e o 4 de febreiro en Vigo, coas que rematará a fase regular.
[Foto: Paco López]
#eupatino