Intensa xornada a de este pasado domingo 10 de febreiro no pavillón de Bouzas de Vigo (Pontevedra) coa disputa de dúas xornadas da Liga Galega Sénior Masculina, despois das cales Lóstregos Máster consolida a súa primeira posición provisional grazas ás súas dúas vitoria e á derrota de Lóstregos, que cedía ante Brigantium, o que axusta aínda máis a loita pola segunda e terceira praza entre ambos os dous. Pola súa banda o anfitrión da sede, A Guarda H. L., está un pouco máis preto da cuarta posición logo de vencer a Morcegos H. L.
Tamén se celebraba na pista de Bouzas un encontros aprazado da Liga Galega Infantil onde Lóstregos derrotaba a A Guarda H. L. E ademais, o pavillón Agra 1 da Coruña acollía dous partidos da Liga Galega Benxamín con Galicia Rollers vencendo a Iguanas por 3-2 mentres que no outro encontro Iguanas gañaba a Brigantiños (0-8).
[Fotos: Paco López]
#eupatino