Hoxe domingo 22 de outubro comezaba a Liga Galega Masculina de Hóckey Liña, disputando no Pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo as dúas primeiras xornadas da competición con oito encontros. Tocoulle descansar a CHL Cabuxos pola mañá, gañando comodamente o seu encontro da tarde na que non xogaba Lóstregos Máster. Precisamente o outro conxunto do Lóstregos é o primeiro líder tras vencer nos seus dous partidos con certa solvencia, polo que é a diferenza de goles o que sitúa aos lugueses como líderes tras a segunda xornada, aínda que empatados a puntos co Brigantium, que iniciaba a liga con dúas vitorias.
A 2ª Sede será tamén en Lugo o 5 de novembro, aínda que organizada polo CHL Cabuxos xa que desta volta o anfitrión foi o CP Lóstregos Lucus.
[Foto: Vigo Blue Ringed]
#eupatino