Sen maiores atrancos, o anfitrión desta Primeira Sede da Liga Galega Senior Masculina de Hóckey Liña, que celebraba unha dobre xornada este pasado domingo no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo, é o líder provisional tras os dous encontros disputados por cada un dos oito equipos que disputarán a liga regular.
Lóstregos gañaba os dous partidos, sendo máis complicado o da tarde ante Brigantium que, aínda que é moi cedo, semella que vai ser un dos equipos que loite polas catro prazas para a Final a 4 xunto a Lóstregos Máster e A Guarda HL, firmando ambos os dous unha vitoria e un empate. Ao igual que Brigantium, Morcegos HL e ADC Alquimia Inline tamén acadaron cadansúa vitoria, polo que nos agarda unha competición moi interesante no resto de sedes, con varios equipos dispostos a chegar no mellor momento de forma na fase decisiva da mesma.
A seguinte sede, na que se disputarán de novo dúas xornadas, será o 16 de decembro nun lugar aínda por desginar.
[Fotos: Lóstregos]
#eupatino