Sorpresa no desenvolvemento das dúas xornadas na Cuarta Sede da Liga Galega Masculina de Hóckey Liña que se disputou este domingo 14 de xaneiro no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo. Se ben Lóstregos, que actuaba como anfitrión, gañaba os seus dous partidos con claridade e sen pasar demasiados apupos, o Brigantium coruñés derrotaba por un contundente 15-4 a Cabuxos, logo dunha primeira parte igualada e unha segunda onde Brigantium soubo xogar moi ben á contra, o que sitúa a estes na segunda praza da clasificación provisional a falta da derradeira xornada, que se celebrará o 4 de febreiro en Vigo.
A Guarda Hóckey Liña era quen pagaba o mal encontro dos lugueses pola mañá, sendo derrotados os do sur de Pontevedra por un claro 10-1 na quenda da tarde, por lo que se terán que xogar a derradeira praza dos cinco equipos que loitarán polo título con Vigo Blue Ringed, xa que tanto Lóstregos como Brigantium, Cabuxos e Lóstregos Máster están clasificados. Malia todo, os da Guarda non poderán sumar máis puntos ao completar a totalidade de partidos da liga regular e rematar a mesma, polo que deberán agardar a que os de Vigo perdan con Cabuxos, aínda que tamén os ourensáns de Morcegos contan con algunha probabilidade, moi remota, eso si. A incertidume por saber quen serán os resto de equipos que loitarán polo título marcará a Quinta Sede nun desenlace final da liga regular que tivo un excelente colofón con esta vibrante e emocionante xornada en Lugo.
#eupatino
[Fotos: Morcegos Ourense HL e Diego Silva]