Restan dúas xornadas e unha Sede, a Quinta que se disputará o 7 de maio, pero os tres encontros disputados por Lóstregos Kids afianzan ao equipo lugués, que además xogaba na casa, no pavillón Daniel Cordido Castro do barrio da Piringalla, como sólido líder da categoría Benxamín, despois de derrotar a Feiticeiras por un axustado 2-1 no encontro que abría esta Sede para ambos. Peque Lóstregos tamén se consolida na terceira posición, e a pesar da súa derrota con Feiticeiras, ten asegurada xunto aos anteriores a súa presenza na Final a 4, onde a derradeira praza deberá resolverse entre Morcegos e Mini Meigas, que ademais se enfrontarán no derradeiro partido da liga regular e que seguramente será decisivo.
[Foto: Lóstregos]