Non houbo grandes sorpresas no pavillón polideportivo de Monte Alto da da Coruña onde o pasado domingo, 4 de decembro, se disputou a Terceira Sede da Liga Galega de Hóckey Liña da categoría Masculina. Pola parte alta destacar o ritmo imparable dos Lóstregos HL de Lugo, equipo que está a un nivel superior de xogo e resultados tras seis xornadas disputadas, sendo os únicos que contan os seus encontros por vitorias. A segunda posición ocúpana os rapaces do CHL Cabuxos de Lugo, que vencían pola mínima a A Guarda HL e empataban o seu partido contra os terceiros clasificados, CPL Brigantium Arteixo, nun dos encontros con máis emoción da xornada.
Na cuarta e quinta prazas atopamos respectivamente a Lóstregos Máster e A Guarda HL, e pechando a clasificación a Vigo BluRinged, ADC Alquimia InLine da Coruña e Morcegos de Ourense. A xornada desenvolveuse como unha auténtica festa do Hóckey Liña, cunha moi boa resposta por parte do público da cidade herculina, que ateigou en todo momento as gradas de Monte Alto.
Galería de imaxes xentileza do ADC Alquimia InLine
[Foto: Jorge Graña]