O pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo acolleu a pasada fin de semana do 1 e 2 xuño o play off das Ligas Galegas das categorías Benxamín, Alevín e Sénior, nesta tanto en categoría Masculina como Feminina e que foi organizado por C. H. L. Meigas.
C. P. Lóstregos non deu opción e proclamouse campión galego en todas elas mentres Meigas era o finalista en tres delas. Na Benxamín, Peque Lóstregos derrotaba a Minimeigas por 9-1 mentras que na Alevín vencía tamén Lóstregos ao anfitrión da competición, Meiguiñas, por 3-8.
Máis emocionante estivo a final de Sénior Feminino, onde un axustado 4-3 lle deu un novo título a Lóstregos ante Meigas. En Sénior Masculino, houbo enfrontamento entre os dous equipos do club lugués, imponiéndose Lóstregos Máster a Lóstregos por 6-2.
Nas dúas xornadas puidemos ver unha competición moi interesante cunha acertada estrutura, que permitiu disfrutar do Hóckey Liña nos dous días e que ademais foi retransmitida en directo pola canle de YouTube da Federación Galega de Patinaxe, podendo verse de novo todos os partidos.
#eupatino