Nos dous partidos xogados o sábado no Pazo dos Deportes de Riazor da Coruña correspondentes á Liga Galega Feminina, o Lóstregos Feminino derrotaba respectivamente a ADC Alquimia Inline (1-5) e a Brigantium (3-5), polo que afianza a súa primeira posición na clasificación provisional, con tres vitorias en outros tantos encontros. Este domingo, 18 de marzo, o CH Feminino Meigas completará a segunda xornada da competición tendo como rival a ADC Alquimia Inline ás 19:30 horas no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo.
[Fotos: ADC Alqumia Inline]
#eupatino