Celebráronse desde o venres 25 de xaneiro ata o domingo 27 varios partidos das Ligas Galegas Sénior Masculina e Feminina de Hóckey Liña que comezaban no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo co derbi lugués entre C. H. L. Meigas e Lóstregos Feminino, que remataba con vitoria das visitantes por 1-2, o que lles permite consolidar o seu liderato provisional da categoría Sénior Feminina e contando así os seus partidos por vitorias logo de derrotar tamén o sábado a Brigantium. Meigas empataba o domingo con A Guarda H. L., o que permite igualar aínda máis o resto de posicións entre os catro equipos restantes que disputan a competición.
No que atinxe aos partidos da Sénior Masculina que se celebraban no polideportivo Agra 1 da Coruña, Lóstregos Máster e Lóstregos non fallaron polo que seguen nas dúas primeiras prazas da clasificación provisional. No encontro disputado en Ourense, os locais de Morcegos gañaban a Alquimia Inline polo que manteñen as súas opcións de xogar a Final a 4 xunto a Brigantium, pero tendo moi preto a A Guarda cun partido menos.
[Fotos: Lóstregos]
#eupatino