A fase regular da Liga Sénior Feminina de Hóckey Liña, logo de disputar dez xornadas que comenzaban o 4 de novembro de 2018 e que remataban o pasado venres 26 de abril de 2019, deixaba un expediente completamente inmaculado para Lóstregos Feminino ao acadar un pleno de vitorias nos oito encontros disputados. Na segunda praza remataba o Club Hóckey Feminino Meigas con 14 puntos polos 12 de A. D. C. Alquimia Inline mentras que A Guarda H. L. completa os catro equipos clasificados para a Final a 4 que se celebrará os días 1 e 2 de xuño, nunha sede aínda por determinar, xunto ao resto de categorías.
[Fotos: Lóstregos Lucus e A. D. C. Alquimia Inline]
#eupatino