Este fin de semana disputáronse no pavillón de Castrelos os playoffs en categoría senior masculina e feminina de hockey liña.
Lóstregos, en senior masculino e Meigas, en feminino, proclamáronse campións galegos baixo un calor abafante durante toda a xornada.
Os playoffs estiveron organizados por A Guarda Hockey Liña e Vigo BlueRinged.
Os podiums completáronse así:
Senior masculino
Subcampión Galaicos, 3° Lóstregos Máster e 4° A Guarda Hockey Liña.
Senior feminino
Subcampión Lóstregos, 3° Alquimia e 4° Brigantium
A presidenta da FGP, María Jesús Vázquez, acudiu a entregar os premios.