Disputáronse este domingo 10 de novembro as dúas primeiras xornadas da Liga Galega Infantil de Hóckey Liña no Pazo dos Deportes de Riazor da Coruña organizada por A. D. C Alquimia Inline, despois das cales Lóstregos e Meigas lideran provisionalmente a clasificación. Os dous conxuntos de Lugo venceron nos seus partidos mentres Vigo Blue Ringed e Morcegos de Ourense gañaron un cadanseu. Galicia Rollers e Alquimia aínda non coñecen a vitoria nin puideron acadar ningún punto, polo que pechan a clasificación.
A segunda sede, correspondente ás xornadas 3 e 4 da competición, celebrarase o 19 de xaneiro de 2020.
[Fotos: A. D. C. Alquimia]
#eupatino